14 de Marzo 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo
A cargo de Iván Mouronte
En que consiste e que o diferencia duns cantos debuxos soltos? Durante a hora e media que dura o obradoiro veremos algúns dos elementos e recursos máis característicos da banda deseñada. Viñetas, globos, liñas cinéticas, personaxes e BOOOOOM!, onomatopeias. Pero sobre todo poñeranse en práctica creando unha pequena banda deseñada.
CONMEMORAMOS O DÍA DA BANDA DESEÑADA QUE É O 17 DE MARZO
Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)
Duración: 90 minutos
Hora: 12:00 h.
Ludoteca
Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329
Imprescíndibel que a nena ou neno teña carné de socio da biblioteca.