Teño menos de 18 anos, preciso a autorización dunha persoa adulta para ter o carné da biblioteca?

As persoas maiores de 14 anos poden solicitar e facer uso do carné da biblioteca de forma autónoma, nas mesmas condicións que unha persoa adulta.

Se tes menos de 14 anos, necesitarás a autorización do teu pai, nai ou titor/a para solicitar o carné.

O carné infantil dá acceso a libros, películas e outros documentos que non estean destinados exclusivamente a persoas adultas.

Tamén che pode interesar:

Preguntas frecuentes > Como podo solicitar o carné da biblioteca?

Servizos > Servizo de préstamo