20/04/2024
Convocatoria Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2024"
Fase Local

A BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2024 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuación:

 Ler para pensar, pensar para ser libres”.

Os libros sempre axudaron a pensar, a elaborar teorías, a coñecer outras formas de pensamento ou de vida, a facer máis ampla a nosa conciencia… Agora é igual pero, ás veces, en pantalla e non en papel. Cando sabes que un libro te fai máis libre??

 

 B) Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4, sobre o tema proposto a continuación:

Ler para pensar, pensar para ser libres”.

 Os libros sempre axudaron a pensar, a elaborar teorías, a coñecer outras formas de pensamento ou de vida, a facer máis ampla a nosa conciencia… Agora é igual pero, ás veces, en pantalla e non en papel. Cando sabes que un libro te fai máis libre??

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor en LETRAS MAIÚSCULAS

3.- Establécense tres categorías:

                             A ata 8 anos

                             B de 9 a 11 anos

                             C de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 16 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

7.- Na fase provincial o xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría os tres mellores traballos. Os autores seleccionados recibirán cadansúa estatuiña de Sargadelos e un lote de libros. O fallo do xurado farase público no mes de xuño.

9.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

10.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

11.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.