Curso de técnicas e habilidades para o fogar
25/05 - 08/06
Biblioteca Pública de Lugo
Curso impartido por Beatriz Sangil
Hogarizarte Hogarizarte

Que pretende este curso? Organizar eficientemente o fogar.

De que forma?: A través de sesións teóricas por unha banda e o máis importante creando un espazo de reflexión e traballo para establecer as bases de funcionamento da casa.

Que resultado final búscase alcanzar?: Que, ao dirixir os nosos fogares, as nosas casas, mellore nosa calidade de vida, as nosas relacións interpersoais e o noso benestar

Por iso traballaremos tres áreas :

. a xestión do tempo e a organización

. técnicas e habilidades que faciliten as tarefas do fogar

. e como ferramenta de ligazón a comunicación entre os membros da familia.

DURACIÓN

 3 sesións de aproximadamente 2  horas e 15 minutos cada una, o sábados 25 de maio e 1 e 8 de xuño.

NÚMERO DE PARTICIPANTES

Ao ser sesións nas que o traballo dos participantes é o máis importante, o número máximo de persoas na aula son 20, é dicir,10 parellas. Apuntarse aquí.

 DESTINATARIOS

Parellas de menos de 35 anos que leven convivindo xuntos máis dun ano, é dicir, que teñan algunha experiencia de organización da súa casa.

CONTIDO DAS SESIÓNS

Ø Xestión do tempo e organización

Ø Cociña

 Ø Roupa

 Ø Limpeza

 Ø Presuposto e Sustentabilidade

 Ø Comunicación na familia

 

 MATERIAL NECESARIO

 Convén traer lapis e goma para o traballo das sesións. O resto do material achégase desde a organización.