Facer o carné da biblioteca?
Carné da biblioteca

Podes solicitar o teu carné de forma presencial no andar baixo (Administración)  ou de forma virtual cubrindo a  Solicitude do carné de usuario ou usuaria.

IMPORTANTE:

1. Lembre seleccionar biblioteca na que solicita o carné: LUGO-BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO.

2. É gratuíto, persoal e intransferible. 

3. Amósanos algún documento oficial que acredite a túa identidade (o teu DNI, carné de conducir, pasaporte, NIE... ) para comprobar os datos cando veñas facer a solicitude ou cando veñas recoller o carné si decides solicitalo virtualmente.  Compre incluir dirección completa (rúa, nº e piso)

4. As persoas menores de 14 anos poden solicitar o carné infantil coas mesmas condicións que o de adultos, pero con restricións en canto aos materiais que poden levar. Precisan unha persoa adulta (pais, titores) que se responsabilice por eles. No formulario cubriranse os datos do menor e os do adulto responsable (nome, apelidos e DNI). Si xa teñen DNI, deben presentalo. Si non teñen DNI, farémoslles igualmente un carné de lector.

5As entidades tamén poden ter un carné para o préstamo. Terán que cubrir a Solicitude carné de entidadeO trámite pode realizarse tamén na biblioteca.

O carné serve para:

  • levar libros, películas, cds de música, mapas, etc. en préstamo a domicilio.
  • acceder a unha páxina personalizada do catálogo onde podes renovar préstamos, reservar, suxerir compras, solicitar e recoller préstamos de outras bibliotecas, facer comentarios...
  • consultar a Biblioteca dixital
  • para poder usar na Biblioteca portátiles
  • para poder participar nas actividades que teñan aforo limitado

Lémbrate de traer sempre o carné e presentalo para poder acceder a estes servizos.

O carné vale para as Bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tés que comunicarnos os cambios nos datos persoais. En calquera caso, estes datos renovaranse cada 5 anos nos carnés de adultos e cada 3 nos de nenos/as.

A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda; neste último caso hai que cubrir unha nova solicitude. A perda reiterada do carné leva sanción: despois da terceira perda non se renovará o carné durante o tempo que estipule a dirección.

Se por un motivo puntual non podes vir a biblioteca e queres que outra persoa poida usar o teu carné, esta persoa debe traer cuberta unha autorización. Podes descargar a autorización para o uso ocasional do carné de socio/a clicando aquí.