MÁIS BIBLIOTECAS

Biblioteca Nacional de España

Biblioteca Nacional de España (BNE)

A Biblioteca Nacional ten a colección máis importante de España, xa que recibe e conserva exemplares de todos os libros publicados no país. Ademais, atesoura unha valiosa colección de incunables, manuscritos, estampas, debuxos, fotografías, gravacións sonoras, partituras... Proporciona acceso aos catálogos da BNE, á Biblioteca Dixital Hispánica, á Hemeroteca Dixital e a outros recursos.

Bibliotecas Públicas

Bibliotecas Públicas do Estado (BPE)

A Rede de Bibliotecas públicas é a dirección electrónica, proporcionada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, onde se recollen as sedes web das bibliotecas públicas. O acceso á consulta dos catálogos das 53 Bibliotecas Públicas do Estado realízase a través da seguinte ligazón: http://www.mcu.es/bpe/cargarFiltroBPE.do?&cache=init&layout=bpe&language=es

Biblioteca de Galicia

Biblioteca de Galicia

Como cabeceira do sistema de bibliotecas galegas e do patrimonio documental da nosa comunidade, a Biblioteca de Galicia reúne, conserva e difunde todo o patrimonio bibliográfico galego e facilita o seu acceso, xa sexa de forma presencial ou virtual. Peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas, a difusión da cultura galega é un dos grandes obxectivos desta institución. Ademais, funciona como depósito legal de todas as publicacións editadas en Galicia, das que se deposita unha copia nas súas instalacións.

Bibliotecas Municipais da Coruña

Bibliotecas Municipais da Coruña

Web das 8 Bibliotecas Municipais da Coruña, con información sobre a localización, os servizos, as actividades... e todo o referente a estas bibliotecas.

Biblioteca Deputación da Coruña

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Información, catálogos e servizos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Biblioteca UDC

Biblioteca da Universidade da Coruña

Páxina web da Biblioteca da Universidade da Coruña (BUSC) que proporciona información xeral e sobre os servizos das bibliotecas da universidade, ademais de acceso a BUDC, catálogo da Biblioteca Universitaria, a RUC, repositorio institucional da UDC, e a outras bases de datos e recursos.

Biblioteca USC

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

Páxina web da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (BUSC) que proporciona información xeral e sobre os servizos das bibliotecas da universidade, ademais de acceso ao catálogo Iacobus, ao repositorio institucional Minerva e a outras bases de datos e recursos.

Biblioteca da Universidade de Vigo

Biblioteca da Universidade de Vigo

A Biblioteca da Universidade de Vigo xestiona e pon a disposición da comunidade universitaria un conxunto de recursos e servizos de información en apoio das súas actividades de aprendizaxe, docencia e investigación. Está presente nos tres campus (Ourense, Pontevedra e Vigo) a través dunha rede formada por once bibliotecas coordinadas pola Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende en Vigo.