ACTIVIDADES

Resultados 1 a 6 de 7
Entrega de premios do I Certame de Poesía da Biblioteca

Outras actividades culturais

A biblioteca mantén unha programación variada de actividades culturais. De forma periódica organiza exposicións, tanto de arte como de material librario, para conmemorar datas sinaladas referidas ao mundo do libro e a lectura. En xaneiro agasallamos aos nosos superusuarios. En marzo, para conmemorar o Día Internacional da Poesía, a Biblioteca convoca un Certame de Poesía en galego e castelán. En maio conmemoramos o Día das Letras Galegas. No mes de agosto participamos na Feira do Libro da Coruña.

Cursos na Aula CeMIT

Aprendizaxe

A biblioteca organiza actividades formativas para garantir a aprendizaxe ao longo de toda a vida. Ofertamos cursos diversos sobre novas tecnoloxías (informática básica, aplicacións ofimáticas, redes sociais, etc.), obradoiros de literatura e encuadernación, cursos e cafés de idiomas... Ao longo do ano temos actividades para nenos, adultos e tamén para maiores que queren manterse activos exercitando a lectura e a memoria. Na axenda pódese atopar información concreta das actividades programadas.

Club de lectura

Clubs de lectura

A nosa biblioteca oferta varios clubs de lectura en horario de tarde durante a semana, de outubro a maio. Para participar hai que solicitalo previamente cubrindo os formularios dispoñibles na web, chamando por teléfono ao 881 960 378 / 379 / 392, ou persoalmente na biblioteca.

Volta ao cole!

Novo curso escolar na sala infantil-xuvenil

Comezamos un novo curso escolar

Gloria Fuertes

Exposicións

Roald Dalh, Agustín Fernández Paz, Gloria Fuertes

Sábados de animación

Sábados de animación

Contacontos e obradoiros para bebés e nenos e nenas de 3 a 12 anos, en galego, en castelán e na lingua de signos ás 12 da mañá.