Nenos e nenas, con todos vós... as propostas de lecer máis divertidas para a fin de semana!
Para que nos nenos e nenas prenda o amor polas bibliotecas, abrímoslles as nosas portas.
Formación de usuarios e usuarias
Porque a Biblioteca ofrece unha morea de posibilidades máis alá do préstamo de libros a domicilio, organizamos sesións para a formación de usuarios e usuarias.
Mostras bibliográficas e exposicións temporais
Grandes e pequenas efemérides, sexan locais ou internacionais, teñen tamén o seu eco na Biblioteca. Para estimular a curiosidade e espertar o espírito crítico de usuarios e usuarias.
A Biblioteca é un espazo público e aberto, por iso estamos encantados de abrir as nosas portas e acoller visitas guiadas.
A Biblioteca acolle clubs de lectura para todos os gustos. Consulta as distintas temáticas e horarios e ven gozar do pracer común polos libros.