Grazas á configuración da Rede de Bibliotecas de Galicia, á colección propia da Biblioteca súmanse as dos outros centros, cuxos materiais poden solicitarse a través do servizo de préstamo intrabibliotecario.
Como entidade dinámica e moderna que somos, a nosa colección está en constante crecemento e mellora. Animamos aos nosos usuarios e usuarias a que participen activamente na actualización do noso catálogo facéndonos chegar as súas peticións mediante unha suxestión de compra.
As principais seccións nas que se organiza a colección son:
Depósito Legal
Como custodia del Depósito Legal (Decreto 43/2001, 1 de febrero, de refundición da normativa en materia de depósito legal), que obriga a entregar un exemplar de cada material producido ou editado na biblioteca provincial correspondente, a nosa Biblioteca conserva a colección histórica das obras impresas na provincia da Coruña (libros, publicacións periódicas, carteis, folletos, etc. ) desde o ano 1958. Está formada por materiais tanto para o público adulto como para o infantil.
Todos os documentos levan unha sinatura que comeza por DL (Depósito Legal) e a correspondente pegatina. Son de consulta en sala.
Hemeroteca
Sección de prensa e publicacións periódicas formada por:
- Prensa local e rexional
- Periódicos de distribución nacional
- Algúns títulos de xornais económicos
- Algúns títulos representativos da prensa estranxeira
- Semanarios de información xeral, suplementos semanais, etc.
- Revistas especializadas de todas as materias: literatura, arte, arquitectura, informática, deportes, cultura, natureza, ciencia, etc.
- Revistas de temas locais e rexionais
As revistas que poden levarse en préstamo a domicilio están indicadas como prestables.
Na Hemeroteca, hai varios ordenadores para a consulta do catálogo da Biblioteca.
Fonoteca
Compartindo sala coa Hemeroteca, a Fonoteca reúne materiais de música, cine e documentais en diferentes estilos.
A sección de música está organizada por xéneros, cada un dos cales posúe unha sinatura propia:
- Música pop-rock (FRP)
- Música rock (FRO)
- Música heavy metal e rock duro (FRH)
- Música jazz (FJA)
- Música blues, gospel, soul e country (FRB)
- Música latina (FMS)
- Música house e electrónica (FRH)
- Músicas do mundo (FMU)
- Música galega (FGA)
- Música clásica (FCL)
- Bandas sonoras, electrónica e incidental (FBS)
A sección de documentais e cine responde a unha organización temática, a saber:
- Documentais e audiovisuais informativos (levan o número que se corresponde coa materia segundo a C.D.U., Clasificación Decimal Universal)
- Cine de ciencia ficción e terror
- Cine musical
- Cine romántico
- Cine erótico
- Cine bélico
- Cine histórico
- Cine biográfico
- Cine do Oeste
- Cine político
- Cine de acción
- Cine cómico
- Cine dramático
- Cine de suspense
- Cine de animación
Comicteca
A Comicteca é a sección dedicada á banda deseñada. Reúne obras de todos os xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, súper heroes, ciencia ficción, etc.). Ten unha presenza especial a banda deseñada galega, aínda que tamén temos cómics americanos, españois, europeos, hispanoamericanos e manga.
As bandas deseñadas están clasificadas segundo a súa orixe (CM - Banda deseñada manga, CE - Banda deseñada española, CG - Banda deseñada galega, CA - Banda deseñada americana, CU - Banda deseñada europea). Todas levan ademais un punto de cor que sinala a procedencia xeográfica da obra.
Sección Infantil e Xuvenil
Na Biblioteca, reservamos un espazo especial para o público infantil. Esta sala está destinada exclusivamente aos nenos, ás nenas e a quen os acompaña.
Na organización da colección, diferenciamos 2 zonas principais: a dos/-as máis pequeniños/-as (de 0 a 8 anos) e a dos/-as máis maiores (de 9 a 14 anos). Dentro da primera, ademais, temos un recuncho reservado para os/as prelectores/-as (de 0 a 3 anos) con contos adaptados á súa idade.
Tamén contamos cun recuncho de nais e pais no que hai libros e revista sobre educación infantil e outros temas relacionados.
A colección infantil divídese por idades, identificadas con cores. A pegatina do libro leva a cor da idade para a que nos parece máis idóneo. Á parte diso, agrúpanse en centros temáticos para facilitar a escolla.
- Azul: para nenos e nenas de 0 a 5 anos
- Vermello: de 6 a 8 anos
- Verde: de 9 a 11 anos
- Amarelo: de 12 a 14 anos
Os libros informativos van clasificados con números que se corresponden coas diferentes materias, seguindo a C.D.U.
Os libros de ficción (novelas, contos, poesías...) identifícanse con letras:
- N: narrativa
- P: poesía
- T: teatro
A narrativa (N), ademais, sepárase por xéneros: humor, terror, fantasía, aventuras, animales..., sinalados con iconas.
Na Sala Infantil e Xuvenil atópanse tamén documentos sonoros e audiovisuais:
- Películas
- Series
- Audiovisuais informativos (documentais sobre natureza, saúde, Historia...)
- Recursos electrónicos (programas, xogos, etc.)
- Música para nenos/-as
- Audiotextos
Literatura
Colección de obras literarias (novelas, poesía, teatro...) destinadas a adultos, así como textos de crítica literaria. Clasifícase en:
- Narrativa (N), que se subdivide en 6 xéneros identificables mediante iconas:
- Ciencia Ficción
- Terror
- Intriga e misterio
- Histórica
- Romántica
- Fantástica
- Poesía (P)
- Teatro (T)
- Biografías (B, BC -as colectivas-)
- Outros Xéneros (O): ensaio, cartas, refráns, citas...
- Galicia (G): obras literarias escritas ou traducidas (GN) ao galego
Biblioteca Accesible
Esta pequena colección de libros, audiovisuais e documentos electrónicos está dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Forman parte dela:
- Libros de lectura fácil. Libros elaborados con especial coidado para poder ser lidos e comprendidos por persoas que teñen dificultades lectoras e/ou de comprensión. O público ao que se dirixe é: persoas xordas de nacemento ou con xordeira precoz, con algunha discapacidade psíquica ou con outras doenzas como: dislexia, autismo, afasia...Tamén están indicados para inmigrantes recentes.
- Libros en Letra Grande. Presentan un tamaño de letra máis grande do habitual, e diríxense a persoas maiores ou con dificultades de visión.
- Audiolibros
- Libros en formato CD ou DVD. Encamiñados a un público amplo: persoas con problemas de visión, maiores, inmigrantes, xente con pouco hábito de lectura, etc.
- Recursos electrónicos. CD-ROM multimedia con xogos para persoas con algunha discapacidade cognitiva ou psíquica, así como para doenzas como: autismo, afasia, síndrome de Asperger, etc.
Libros informativos
Son documentos de non ficción clasificados pola C.D.U. con números do 0 ao 9.
Os números corresponde coas seguintes áreas temáticas xerais:
- 0 Xeneralidades
- 1 Filosofía, psicoloxía
- 2 Relixión
- 3 Ciencias sociais
- 5 Ciencias puras
- 6 Ciencias aplicadas
- 7 Arte
- 9 Xeografía e Historia
Fondos especiais
Ademais do seu notable fondo antigo (de acceso restrinxido), a Biblioteca conserva fondos de importantes personalidades da cultura galega contemporánea, tales como: Santiago Casares Quiroga, Francisco María de la Iglesia, Isidro Conde, Miguel González Garcés ou Mariano Tudela.