Recursos en liña: locais

Resultados 1 a 9 de 9
Torre de Hércules, símbolo da Coruña

Torre de Hércules

A Torre de Hércules é o único faro romano que desde as súas orixes ata a actualidade cumpriu coa súa función primixenia, a de servir de sinal marítimo e instrumento de navegación para as embarcacións na súa travesía polo corredor atlántico. Cando se construíu, quedaba afastada da cidade romana de Brigantium -que orixinou A Coruña-, pero a distancia foise reducindo ata desaparecer. Na actualidade, a Torre está integrada na Coruña, dentro dun gran parque urbano que ocupa 50 ha.

Páxina web da Torre de Hércules

Ver máis

Xeral
A cidade, Cultura e patrimonio
Logotipo da Asociación de Amigos dos museos de Galicia

Asociación de Amigos dos museos de Galicia

Grupo pioneiro en Galicia neste tipo de actividades en relación coa sensibilización do patrimonio cultural. As orixes hai que atopalas en 1975, cun grupo animado polo museólogo Felipe-Senén, arredor do Castelo de San Antón como "Colaboradores do Museo Arqueolóxico", coordinando actividades por toda a provincia coa axuda do malogrado investigador e arqueólogo submariño Rafael Mejuto García.

Páxina web de Amigos dos museos de Galicia

Ver máis

Xeral
A cidade, Historia, toponimia e xenealoxía, Cultura e patrimonio
Vista do patio interior do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña

Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña

De titularidade municipal, conserva e expón pezas da prehistoria e da historia relacionadas co castelo, coa cidade e con Galicia. Abrangue dende as orixes da civilización en Galicia ata a historia máis moderna da cidade e da provincia; un túnel do tempo por descubrir paseando polas antigas dependencias da fortaleza.

Páxina web do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña

Ver máis

Xeral
A cidade, Historia, toponimia e xenealoxía, Cultura e patrimonio
Logotipo da Real Academia de Belas Artes

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, con sede na Coruña, é unha das trece creadas en España polo Real decreto do 31 de outubro de 1849, entón coa denominación de Academia Provincial de Belas Artes. Depende da Xunta de Galicia.

Páxina web da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

Ver máis

Xeral
Historia, toponimia e xenealoxía, Cultura e patrimonio
Logotipo do Arquivo do Reino de Galicia

Arquivo do Reino de Galicia

O Arquivo do Reino de Galicia é na actualidade un centro de titularidade estatal con xestión transferida á Xunta de Galicia, que recibe, custodia e difunde fondos documentais de ámbito galego e coruñés de natureza pública e privada.

Páxina web do Arquivo do Reino de Galicia

Ver máis

Xeral
Historia, toponimia e xenealoxía, Cultura e patrimonio
Sede da Real Academia Galega

Real Academia Galega

"A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudio da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego." Estatutos da RAG Capítulo I, Artigo I

Páxina web da Real Academia Galega

Ver máis

Xeral
Historia, toponimia e xenealoxía, Cultura e patrimonio
Cartel da exposición "Memoria das paredes". Grupo Re-visión Deseño

Fondo histórico de carteis - BPC Miguel González Garcés

Entre as publicacións obxecto de Depósito Legal das que é depositaria a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, atópanse os carteis. Dado o seu interese documental e as súas especiais características, a mediados da década do 2000, realizouse unha selección de casi 900 carteis -entre os máis de 5.000 que conserva-, que logo se dixitalizaron e fixeron accesibles a través do catálogo en liña, o que permite visualizalos con só pinchar na URL correspondente.

Fondo histórico de carteis da Coruña - Guía de contidos

Ver máis

Xeral
Cultura e patrimonio
Logotipo de Coruña Turismo

Coruña Turismo

A un golpe de clic, ofrece datos sobre a situación dos puntos de información turística, teléfonos de contacto, situación das zonas comerciais, horarios de autobuses, trens, taxis e localización das estacións, paradas ou do aeroporto.

Páxina web de Coruña Turismo

Ver máis

Xeral
A cidade
Actividades socioculturais na cidade da Coruña

Axenda socio-cultural do Concello da Coruña

Recurso en liña para coñecer a actualidade social e cultural da cidade da Coruña, ofrecido polo Concello.

Páxina web do Concello da Coruña

Ver máis

Xeral
A cidade, Cultura e patrimonio, Ocio e deporte