Fondo histórico de carteis - BPC Miguel González Garcés
Cartel da exposición "Memoria das paredes". Grupo Re-visión Deseño

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, grazas á normativa de Depósito Legal, é depositaria dende 1958 dun exemplar dos materiais impresos na provincia da Coruña.

O Depósito Legal é a obriga prevista pola lei de depositar un número determinado de exemplares das publicacións de todo tipo que son producidas nun país, calquera que sexan os soportes ou procedemeto de edición, e que sexan destinadas á súa distribución ou á venda pública. O seu obxectivo é conservar é difundir estes materiais que constitúen o noso patrimonio histórico e documental.

Entre as publicacións obxeto de Depósito Legal: libros, revistas, periódicos, materiais audiovisuais…, encóntranse os carteis. Dado o seu interese documental e as súas especiais características, a mediados da década do 2000 a Biblioteca realizou unha selección de casi 900 carteis, entre os máis de 5.000 que conserva, que logo dixitalizou e fixo accesibles a través do seu Catálogo bibliográfico, o que permite visualizalos con só pinchar na URL correspondente.

No ano 2006, co fin de dar a coñecer este material, a Biblioteca realizou unha Exposición, colaborou na montaxe dunha Mesa redonda e publicou o Libro “Memoria das paredes: os carteis de Depósito Legal na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés”.

Tamén, co fin de mellorar a visibilidade das IMAXES, creáronse 5 álbumes Flickr, cos metadatos correspondentes, que se poden consultar nas seguintes ligazóns:

Carteis galegos (A Coruña). 1958-1976
Carteis galegos (A Coruña). 1977-1981
Carteis galegos (A Coruña). 1982-1986
Carteis galegos (A Coruña). 1987-1991
Carteis galegos (A Coruña). 1992-2011