Regulamento

Para facer uso das instalacións e dos materiais da Biblioteca, os/as usuarios/-as deben ter en conta que esta é un espazo de convivencia. Por iso, é imprescindible respectar as seguintes normas:

 

1.- Está permitida a entrada a cans de asistencia que acompañen a persoas con discapacidade.

 

2.- Hai que falar baixo nas salas de lectura e de consulta.

 

3.- É preciso poñer en silencio os teléfonos móbiles. Pódense usar, en ton moderado, na entrada e nos corredores; quedan excluídos nas salas.

 

4.- Débense deixar na consigna: bolsas voluminosas-excepto maletíns ou mochilas con portátiles-, monopatíns, triciclos e calquera obxecto de gran tamaño.

 

5.- Está prohibido sacar da biblioteca calquera documento sen ter efectuado previamente a xestión do préstamo ou solicitado autorización expresa da Dirección.

 

6.- Hai que procurar respectar a orde e disposición dos andeis, depositando os libros nos lugares habilitados para iso. 

 

7.- No caso de perda ou deterioro dalgún exemplar, hai que repoñelo. 

 

8.- Permítese beber auga no recinto da biblioteca. Exclúense outras bebidas e comida, fóra do espazo reservado para o descanso na entrada.

 

9.- Hai que coidar e respectar as instalacións no seu conxunto, e o mobiliario e o material da biblioteca en particular.

 

10.- Non se admite a reserva de postos de lectura ou estudo.

 

11.- A Sala Infantil é para uso preferente de nenos e nenas menores de 14 anos. Os/as menores de 7 anos deberán estar acompañados/-as dun/dunha adulto/-a en todo momento. 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS