Clubs de lectura 2023-2024
Descubre os clubs de lectura da nosa biblioteca!

Ven gozar do pracer polos libros!

A inscrición nos clubs de lectura da Biblioteca será presencial o día 2 de outubro a partir das 8.30 h. Unha persoa pódese inscribir nun club como máximo. Cada inscrición debe ser individual. Excepcionalmente, e por motivos debidamente
xustificados, permitiranse que un usuario inscriba a outro. Para participar é necesario facer previamente o carné da biblioteca. Os clubs deste ano son:

 

CLUB DO LUNS

Datas: luns alternos de 18.00 a 19.30 h.

20 prazas. Maiores de 18 anos.

 

CLUB DO MARTES

Datas: martes alternos de 18.30 a 20.00 h.

20 prazas. Maiores de 18 anos.

 

CLUB DE GALEGO

Datas: xoves alternos de 19.00 a 20.30 h.

20 prazas. Maiores de 18 anos.

 

CLUB INFANTIL

Datas: sábados alternos de 10.30 a 12.00 h.

12 prazas. De 8 a 11 anos.

 

CLUB DE LECTURA FÁCIL

Datas: sábados alternos de 12.00 a 13.00 h.

20 prazas. Maiores de 18 anos.