As nosas coleccións

A Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés contén máis de 250.000 títulos entre os que destacan os libros e folletos, os cartéis e os audiovisuais. O fondo antigo da biblioteca procede da Desamortización e conserva manuscritos e impresos dende o século XVI.

Especial relevancia ten a colección de Fondo local e galego. Como depositaria do Depósito Legal (Decreto 43/2001, 1 de febreiro, de refundición da normativa na materia do depósito legal) que obriga a depositar un exemplar na Biblioteca Provincial correspondente, a nosa Biblioteca conserva a colección histórica das obras impresas na provincia de A Coruña (libros, publicacións periódicas, carteis, etc.), desde o ano 1958. A Biblioteca conserva ademáis fondos de importantes personalidades da cultura galega como Santiago Casares Quiroga, Francisco María de la Iglesia, Isidro Conde, Miguel González Garcés ou Mariano Tudela.

A Sección de Audiovisuáis e Multimedia dispón dunha colección duns 25000 documentos entre vídeos, DVD, CD e CD-ROM que poden consultarse na propia Biblioteca ou levarse en préstamo a domicilio.

Para os amantes dos cómics e a novela gráfica, a biblioteca dispón da máis importante colección deste tipo de materiais na nosa provincia.

 

A sala infantil dispón dun fondo bibliográfico xeral e especializado adecuado ás necesidades dos nenos/as e mozos/as ata os dezasete anos: Libros de consulta, de referencia e troquelados, para consulta na sala. Libros de préstamo a domicilio. Publicacións periódicas prestabeis. Materiales especiais: DVDs, CDs, vídeos, recursos de ordenador.