Regulamento

Os usuarios deben aceptar as normas de funcionamento da Biblioteca:

  • Está permitida a entrada aos cans de asistencia que acompañen a persoas con discapacidade.
  • Gardar silencio nas zonas de lectura e falar baixo nas outras dependencias.
  • Silenciar os teléfonos móbiles. Pódense usar, en ton moderado, na entrada e nos corredores ; exclúense as salas.
  • Deixar na consigna: libros propios, bolsas -excepto maletíns con portátiles-, monopatíns, triciclos... Ensinarase o contido dos bolsos de man grandes ao persoal de Seguridade.
  • Non sacar da biblioteca ningún documento sen ter feito previamente o préstamo ou contar con autorización expresa da dirección.
  • Manter o fondo ordenado e depositar os libros nos lugares habilitados para iso. 
  • No caso de perda ou deterioro do fondo documental, hai que repoñelo. 
  • Permítese beber auga no recinto da biblioteca. Exlúense outras bebidas e comida.
  • Respectar o persoal da biblioteca atendendo as súas indicacións.
  • Respectar as instalacións, mobles e material da biblioteca.
  • Non se permite a reserva de postos de lectura.
  • A Sala Infantil é para uso preferente dos nenos e nenas menores de 14 anos. Os menores de 7 anos deberán estar na sala acompañados dun adulto en todo momento.