Sala infantil e xuvenil
Vista exterior da Sala infantil e xuvenil
Vista exterior da Sala infantil e xuvenil

Situada na planta baixa da Biblioteca, á esquerda do mostrador principal, esta zona está especialmente pensada para acoller o público infantil e xuvenil (ata 14 anos).

O noso obxectivo é estimular a fantasía e a curiosidade dos/das máis novos/-as, ben sexa acolléndoos/-as nunha sala chea de animacións, exposicións temporais sobre fascinantes materias ou seleccionando para eles/-as as últimas novidades editoriais.

Realizamos actividades de animación á lectura -convidando contacontos (tamén en linguaxe de signos), acollendo obradoiros, recitais, etc.-, así como outras propostas de lecer (manualidades, música, ciencia para nenos/-as) para todos os gustos.