ACTIVIDADES

Resultados 1 a 6 de 9
Día do usuario dá Biblioteca_BP dá Coruña MG Garcés

SÁBADOS DE ANIMACIÓN_enero 2018

Durante o mes de xaneiro proseguen os SÁBADOS DE ANIMACIÓN con contacontos, bebecontos, os contos en lingua de signos..., pero tamén programamos actividades especiais coas que celebramos dúas importantes efemérides: o DÍA DO USUARIO e o DÍA DA ILUSTRACIÓN. Haberá premios e agasallos de libros e outras sorpresas para os usuarios máis activos e tamén un obradoiro de ilustración. Esperamos de novo que vos gusten!!!

Celebramos O NADAL

SÁBADOS DE ANIMACIÓN - decembro 2017

Durante o mes de decembro O NADAL convértese en PROTAGONISTA da BIBLIOTECA. Proseguen as actividades cun obradoiro no que os nen@s poderán confeccionar adornos e agasallos pensados para O Nadal, poderán cantar con Gloria Mosquera as cancións do grupo Mamá Cabra, bebecontos, mostras bibliográficas con libros seleccionados para estas festas... Esperamos de novo que vos gusten!!!

Maxiciencia, por David Méndez

SÁBADOS DE ANIMACIÓN - novembro 2017

Durante o mes de novembro a CIENCIA convértese en PROTAGONISTA da BIBLIOTECA. Proseguen os Sábados de Animación, contacontos, obradoiros e mostras bibliográficas pero de novo agárdavos algunha sorpresa. Esperamos que vos guste!!!

Programa de lectura Cans e letras

PROGRAMA Infantil-Xuvenil - Outubro 2017

Continuamos cos Sábados de Animación, contacontos, obradoiros e mostras bibliográficas PERO este mes no que celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA temos unha sorpresa. Achégate a coñecer e participar nunha na nova actividade CANS E LETRAS, o programa de lectura con cans de maior éxito no mundo. Esperamos que vos guste!!!

Sala Infantil

VOLVEMOS - Sábados de animación Setembro 2017

E despois de agosto... retomamos con forza as nosas actividades tamén na SALA INFANTIL. Volvemos con máis "Sábados de Animación" que chegan cargados de novas historias e actividades: contacontos, teatro, obradoiros, exposicións e mostras bibliográficas... E máis visitas escolares. Comezamos en setembro con este programa que preparamos para "ir abrindo boca". Esperamos que vos guste

Visitas escolares

Visitas escolares

Programa para dar a coñecer a biblioteca aos escolares da cidade e arredores. De outubro a xuño