A biblioteca

Misión

Ser un centro de acceso ao coñecemento, á información e a cultura desde a prespectiva dun servizo público local, un espazo aberto de convivenza, de comunicación e información, un axente de promoción da lectura, un lugar para a aprendizaxe autodidacta e de apoio aos procesos educativos

Visión

Aspiramos a ser unha biblioteca con procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades dos nosos usuarios e da comunidade a que serve por medio dun persoal adecuado, cualificado e eficiente, aberto aos cambios e ao traballo en equipo.

Obxectivos

  • Implementar un plan para alcanzar unha cultura de traballo baseado na planifcación estratéxica e na evaluacíón de resultados para consolidar unha mellora da calidade dos servizos.
  • Elaborar un plan de difusión e comunicación da biblioteca.
  • Implementar un sistema de comunicación interna.
  • Establecer un plan de formación para contar cun cadro de persoal con perfís e cualificación profesional adecuados.
  • Implementar un plan para a adecuación dos espazos, instalacións e dos equipamentos para mellorar os servizos.
  • Potenciar a biblioteca para convertirla no centro cultural da comunidade, un lugar de encontro onde se promocione a cultura e o lecer.
  • Desenvolver un plan de formación para o aproveitamento das novas tecnoloxías. Formar á poboación no uso dos recursos electrónicos

A orixe da Biblioteca remóntase a 1848, data na que recibe os fondos provenientes da Desamortización e desde entón foi formando unha ampla colección de libros, xornais, revistas, audiovisuais, recursos electrónicos e acceso a coleccións en liña, á vez que proporciona aos cidadáns un amplo programa cultural e formativo, visitas guiadas e actividades diversas.

Ao longo da súa historia ocupou diferentes sedes ata acadar en 1988 a actual, na rua Alfonso XII, 3. Forma parte da rede de Bibliotecas de Galicia e tamén da rede de Bibliotecas Públicas do Estado, coma unha das 53 bibliotecas que a constitúen.

http://es.wikipedia.org/wiki/Biblioteca_Pública_de_Pontevedra_Antonio_Odriozola