PLANTA BAIXA
— Recepción: nela podes solicitar información xeral sobre a biblioteca.
— Espazo de actividades e exposicións: zona multiúsos que empregamos para organizar diferentes actividades culturais.
— Salón de actos: con capacidade para 227 persoas.
— Zona de descanso: máquinas expendedoras de comida e bebida onde podes facer unha pausa.
ENTREPLANTA
-Sala de ordenadores: nesta sala podes utilizar os ordenadores de uso público. Ademais podes consultar a prensa de la hemeroteca, usar o teu propio ordenador ou facer traballos en grupo.
PRIMEIRO ANDAR
— Recuncho das familias: é un centro de interese permanente con libros e outros materiais de axuda para a crianza e educación de pequenos e pequenas.
— Sala infantil: con materiais para nenos e nenas de 0 a 13 anos. Esta sala está decorada con murais de Kiko da Silva.
— Hemeroteca: aquí podes consultar a prensa do día e a do último mes en acceso directo. Ademáis esta sección dispón dunha selección de revistas de diferentes materias. Os últimos números son os que están expostos e son de consulta en biblioteca, pero se levantas a tapa do estante atoparás os números anteriores do ano en curso, que son prestables a domicilio.
Consulta nesta ligazón as etiquetas dos materiais da sala infantil
SEGUNDO ANDAR
— Administración: neste lugar aténdense todas as consultas relativas ao carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e as inscricións as actividades.
— Mostrador principal de préstamo: abre durante todo o día e nel se atenden entre outros os seguintes servizos: recollida de reservas e préstamos intrabibliotecarios, préstamo de ordenadores portátiles, lectores de libro electrónico e solicitudes de materiais do depósito.
— Coleccións no segundo andar: narrativa, poesía, teatro, biografías, ensaio, libros de viaxes, xuvenil, banda deseñada, libros de idiomas, lecturas escolares, LGTBIQ+, biblioteca feminista e colección accesible.
Consulta nesta ligazón as etiquetas dos materiais do segundo andar
TERCEIRO ANDAR
— Coleccións no terceiro andar: libros informativos de diferentes materiais organizados pola Clasificación Decimal Universal (CDU) e Fondo Pontevedra.
Consulta nesta ligazón as etiquetas dos materiais do terceiro andar