As nosas coleccións
  • Colección Local

A colección local contén os fondos sobre temas e autores pontevedreses, en calquera tipo de soporte. Inclúe os fondos de Depósito Legal.

Este fondo só se pode consultar na sala de consulta da Biblioteca, sendo posíbel o préstamo dos exemplares duplicados.

 

  • Colección Infantil

Os fondos da sala infantil están destinados aos lectores de 0 a 13 anos. Os rapaces menores de 6 anos poderán facer uso deste servizo acompañados sempre dunha persoa adulta.

A sala está organizada por idades diferenciadas por cores e, dentro de cada idade, por centros de interese:

Bebeteca: Nenos/as de 0 a 2 anos

Azul: Nenos/as de 3 a 5 anos
Vermello: Nenos/as de 6 a 8 anos
Verde: Nenos/as de 9 a 11 anos
Amarelo: Nenos/as de 12 a 13 anos

A colección conta cunha sección de referencia, onde os libros de consulta están organizados por grandes bloques de materias. Estes libros non se prestan e só se poden consultar na biblioteca.

Ademáis a sala infantil dispón de una sección con coleccíon accesible e dunha sección de audiovisuais integrada por vídeos, DVD, BLU-RAY e CD, e cunha sección de multimedia integrada por CD-ROM.

A colección infantil compleméntase cun centro de interese permanente con libros e outros materiais para pais e nais.

 

  • Hemeroteca 

A biblioteca conta cunha amplia colección de hemeroteca con títulos desde o século XIX ata a actualidade, entre os que atopamos revistas, prensa e boletíns oficiais

A consulta dos fondos de hemeroteca realízase en dúas salas, prensa e publicacións periódicas actuais consultaránse no 2º andar, e o fondo antigo de Hemeroteca e boletíns oficiais consultaránse no 3º andar:

A consulta das publicacións periódicas anteriores a 1980 poderá estar limitada dependendo do seu estado de conservación e da existencia da edición dixital destas na dirección: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/publicaciones/listar_numeros.cmd

Nalgúns casos, e sempre para a investigación acreditada, poderase acceder á súa consulta previa autorización da dirección do centro, sempre que non estea dispoñíbel a súa edición dixital.

 

  • Audiovisuais

A Sección de Audiovisuais conta cunha colección de vídeos, DVD, BLU-RAY, CD e CD-ROM, casetes e discos de vinilo que poden consultarse na propia Biblioteca ou levarse en préstamo a domicilio.

Para o seu uso en sala, cando sexa o caso, deberase utilizar auriculares que achegará o usuario.

 

  • Comic / Banda Deseñada

A colección de comic está formada por cómics de tódolos xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, ciencia ficción ... ) con espazo para a banda deseñada en galego, e tamén o cómic americano, español, europeo, hispanoamericano e o manga xaponés.

 

  • Libros Informativos

A colección de libros informativos está formada por documentos de non ficción clasificados pola C.D.U. (Clasificación Decimal Universal) en nove grupos, que poderá atopar no 3º andar para a súa consulta en sala e no 2º andar para levar en préstamo.

Temática o grupos:

  • 0 Xeralidades. Documentación. Informática
  • 1 Filosofía. Psicoloxía
  • 2 Relixión
  • 3 Ciencias sociais
  • 5 Matemáticas. Ciencias naturais
  • 6 Ciencias aplicadas. Medicina. Tecnoloxía
  • 7 Belas Arte. xogos. Espectáculos. Deportes
  • 8 Linguaxe. Linguística. Literatura
  • 9 Xeografía. Biografía. Historia

 

  • Colecciones especiais 

Ademáis dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.

  • Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro
  • Libros en homenaxe a Losada Diéguez
  • Biblioteca Muruais, de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX
  • Parte da biblioteca das irmás Mendoza
  • Fondos da Biblioteca do profesor Carlos Villar

Así mesmo, entre os seus fondos antigos, posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e cerca de 2000  libro raros dos séculos XVI, XVII e XVIII.

 

  • Colección accesible 

Existe unha colección de libros adaptados a lectores que teñen diferentes disfuncións lectoras que se agrupa na sección Lectura Fácil (LF), que atoparemos no 2º andar e na sala infantil. A biblioteca conta cunha colección de materiais especiais, con libros en Braille, en letra grande, lectura fácil, audiolibros e DVDs con audiodescripción, pictogramas, linguaxe de signos, etc.

 

  • Literatura

Fondo composto polas obras literarias (novelas, poesía, teatro...) destinadas a adultos, e a crítica literaria. Está clasificado en Narrativa (CN, GN), Poesía (CP, GP) eTeatro (CT, GT).

A sección de Literatura está no 2º andar, en acceso directo.

No 2º andar atopamos tamén a sección XUVENIL que reúne unha serie de obras literarias cunha temática axeitada para os adultos e adultas máis novos, (de 14 a 18 anos).

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS