Visitas escolares

Imaxe
Presencial
Dende a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola queremos invitarvos a participar no noso programa de Visitas Escolares para o curso 2025-2026, deseñado específicamente para estimular o interese pola lectura, o coñecemento e o uso responsable da biblioteca no alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria.

 
Queremos presentar a biblioteca como un espazo vital para o desenvolvemento educativo e social. Por iso, preparamos actividades dinámicas e adaptadas a cada etapa, centradas no xogo, a imaxinación e o descubrimento.

 

A QUEN VAN DIRIXIDAS?

Alumnado de Educación Infantil (3-5 anos) e Primaria de centros educativos de Pontevedra. Os grupos serán dun máximo de 25 alumnos/as acompañados sempre por un docente.

DURACIÓN DAS VISITAS

A duración as visitas será de 1 h máximo.

HORARIO

Mércores de novembro a maio. Duas sesiós ao día de 10:00 a 11:00 e de 11:00 a 12:00.

CONTIDOS DAS VISITAS

Coñecemos a casa dos contos (3-5  anos)
 

Realizaremos un pequeno percorrido polo espazo explicándolles de forma sinxela a organización da biblioteca, comentándolles a súa importancia e funcionalidade, as súas normas. Na segunda parte realizaranse algunhas actividades didácticas na área infantil utilizando un conto como fío condutor


Bibliotrivial (Primaria)


A primeira parte da sesión estará dedicada acoñecer a sala (a súa distribución, normas, recursos e incluirase unha breve explicación sobre o funcionamento do catálogo informatizado). A segunda parte estará dedicada a reforzar o sistema de busca dos libros pola sinatura e o coñecemento dos fondos de lecturas da sala infantil, utilizando como recurso motivador un xogo xigante do trivial
 

As actividades realizaránse os mércores de novembro a maio en dúas sesións ao día, de 10:00 a 11:00h e de 11:00 a 12:00h.

 
O prazo de inscripción comeza o martes 14 de outubro. Poden reservar a súa visita chamando ao teléfono 886159249 en horario de 9:00 a 14:00h.

 

Documentación