Axenda

Tipo de evento
Tipo de entrada
Tipo de público
01 - 04 de setembro 2026, 10:30 - 12:00

Durante catro días converterémonos en auténticos autores de cómics. Inventaremos personaxes sorprendentes, aprenderemos os segredos da banda deseñada e experimentaremos con diferentes técnicas de debuxo, expresión, composición de viñetas e creación de bocadillos e onomatopeas.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
26 de agosto - 14 de setembro 2026, 9:00 - 21:00

"Club de lecturas dramatizadas" mostra toda a potencialidade que gardan os textos literario-dramáticos. Un libro de teatro contén non só unha obra, un texto ou unha historia, no seu interior tamén esconde un reflexo da sociedade que lle rodea. Pero aínda máis, o texto é a canle que conecta a obra co escenario.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
26 de agosto - 14 de setembro 2026, 10:00 - 21:00

O día 7 de setembro ás 9.00 h comeza o prazo de inscrición nos clubs de lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra e manterase aberto ata o 14 de setembro ás 21.00 h.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
18 de setembro 2026, 17:00

Contos para bebés

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
18 de setembro 2026, 18:00

Obradoiro de creación de cadernos personalizados onde os pequenos crearán frases e mensaxes motivadoras tanto da literatura infantil e xuvenil coma propias. O obxectivo é aprender a expresar sentimentos, reforzar autoestima e cultivar o pensamento en positivo.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
19 de setembro 2026, 12:00

Concerto didáctico en versión piano para solista: Contos de mamá ganso: cinco pezas infantís.

As pezas estan baseadas nos seguintes contos de Perrault:

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
25 de setembro 2026, 18:00

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa!

Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable!

A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap.

Hai unha pulga punk da praia de Liméns.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra