A biblioteca é un espazo no que teñen cabida todas as persoas, con diferentes necesidades e intereses. Para garantir a convivencia, debes respectar estas normas:
- Atende e sigue as indicacións do persoal do centro.
- Respecta os materiais e as instalacións da biblioteca, que son patrimonio de todos. Se danas ou extravías algún material, debes repoñelo.
- Procura falar baixo e non molestar aos demais.
- Apaga ou silencia o teléfono móbil.
- Non saques da biblioteca ningún documento sen solicitar o préstamo.
- Podes beber auga na biblioteca, lévaa sempre nun recipiente con tapa. Se queres comer ou tomar outras bebidas non alcohólicas, faino unicamente nos espazos habilitados para iso.
- Non se poden reservar os postos de lectura.
- A sala infantil está destinada a nenos e nenas menores de 14 anos e acompañantes, ou persoas que por motivos profesionais precisen consultar os fondos.

- As nenas e nenos ata 7 anos deben estar acompañados dunha persoa adulta, agás naquelas actividades nas que se indique outra cousa.
- Deixa os bolsos de gran tamaño, mochilas ou maletas nos armarios que hai na biblioteca.
- Non está permitido entrar con cans ou outros animais, agás cans guía.
- Os baños non deben usarse para bañarse ou lavar roupa.
- Non saques fotografías ou graves vídeos que inclúan a imaxe doutras persoas, estarías infrinxindo os seus dereitos.
- Mantén o calzado posto, agás na bebeteca ou naquelas actividades nas que así se indique.
- Para coñecer o uso e funcionamento dos distintos espazos, servizos e materiais da biblioteca, consulta a normativa específica.
