A Biblioteca accesible ten como obxectivo que toda persoa con calquera tipo de discapacidade poida acceder á biblioteca e aos seus recursos informativos en igualdade de condicións que as persoas sen discapacidade.
O edificio da Biblioteca está dotado dunha infraestrutura accesible. Conta cun acceso principal en rampa, portas de apertura automática, ascensores e baños adaptados. Tamén conta con mobiliario adaptado para acceso aos mostradores de préstamo e información así como para a consulta de catálogos.
A Biblioteca dispón entre os seus fondos dunha colección accesible para colectivos con necesidades diversas. Esta colección atópase no segundo andar e está formada por:
- CA LF (Libros de lectura fácil)
- CA LG (Libros con letra grande)
- CA AUD (Audiolibros)
- PIC (Pictogramas)
- LS (Lingua de signos)
- Libros en sistema Braille
