Axenda

Tipo de evento
Tipo de entrada
Tipo de público
05 de Xuño 2026, 17:00

Presentaráselle aos nenos e nenas unha misteriosa maleta chea de obxectos común e outros sorprendentes: unhas gafas de sol, unha toalla, un mapa, unha cámara de fotos, unhas chancletas… A través de pistas, xogos e preguntas, os pequenos e pequenas terán que adiviñar quen se está preparando a súa viaxe de verán e a onde pensa ir.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
05 de Xuño 2026, 17:00

Contos para bebés

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
05 de Xuño 2026, 19:00

Nesta  conferencia  realizaremos un percorrido visual polo Sistema Solar, con localizacións de Pontevedra como referencia. Abordaranse de maneira amena e divertida os aspectos máis sorprendentes dos planetas, os seus tamaños e as distancias que os separan do Sol.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
12 de Xuño 2026, 18:00

Chega o Obradoiro de Maxia Infantil, unha experiencia única de hora e media onde os nenos e nenas non só aprenderán maxia, senón que convertiranse en magos e magas o final do obradoiro!

Que imos facer nesta experiencia completa de 1h 30min?

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
15 - 18 de Xuño 2026, 17:00 - 20:00

Descubre ferramentas tecnolóxicas para potenciar o  teu lado creativo . Aprende a capturar imaxes incribles coa túa cámara, a facer e editar vídeos e a experimentar co debuxo dixital. Transforma as tuas ideas en proxectos visuais usando aplicacións creativas e modernas axudándote da Intelixencia Artificial.

Data e hora: do 15 ao 18 de xuño de 17.00 a 20.00 h.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
07 de Outubro 2025 - 23 de Xuño 2026, 11:00

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola invita ás familias de Pontevedra, con cativos/as de ata 3 anos de idade, a participar nesta actividade dirixida a potenciar o vínculo afectivo-social familiar, ademáis de  

favorecer o desenvolvemento sensorial, motriz, e social dos/as bebés a través de diferentes propostas musicais.

A actividade está enfocada en:

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
10 de Outubro 2025 - 27 de Xuño 2026, 10:30

Biblioteatro ten como finalidade ofrecer ás familias un espazo os sábados pola mañán onde a cativada pode desenvolver actividades de expresión e socialización que estimulan a súa capacidade creativa a través de diferentes actividades de animación teatral, expresión corporal e xogo dramático.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
04 de Outubro 2025 - 27 de Xuño 2026, 10:30

Biblioteatro ten como finalidade ofrecer ás familias un espazo vos sábados pola mañán onde a cativada pode desenvolver actividades de expresión e socialización que estimulan a súa capacidade creativa a través de diferentes actividades de animación teatral, expresión corporal e xogo dramático.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra