O servizo de préstamo ofrece ao público a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos “prestables” da biblioteca.

Este servizo está especialmente dirixido á consulta dos documentos que non se prestan a domicilio.
GaliciaLe é a plataforma de préstamo en liña de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia as persoas usuarias na resolución das súas necesidades informativas específicas.
A biblioteca proporciona acceso gratuíto á Internet e a ferramentas ofimáticas mediante unha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información.
A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural e a integración social, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.