Prensa e revistas de actualidade en acceso libre (préstanse todas agás o último número). O resto da prensa e revistas consúltanse no segundo andar previa solicitude.
Antes de facer unha petición de prensa recomendamos consultar:
- Listaxe de prensa antiga de Pontevedra: nela pódense consultar as publicacións periódicas antigas de Pontevedra que conservamos na biblioteca. As que están dixitalizadas aparecen acompañadas dunha ligazón.
- Listaxe de documentos da Biblioteca de Pública de Pontevedra dixitalizados en Galiciana (Biblioteca Dixital de Galicia).
- Listaxe de prensa e revistas subscritas pola Biblioteca Pública de Pontevedra: recolle as subscricións de publicacións periódicas e o seu prazo de conservación.
Cabeceiras de conservación indefinida na Biblioteca de Pontevedra (Depósito Legal):
- DIARIO DE PONTEVEDRA: desde 1897. Sen exemplares nos intervalos de 28.02.1939 a 14.09.1963 e de 01.09.1967 a 1.04.1968. Dixitalizado o período de 16.04.1897 a 27.02.1939.
- FARO DE VIGO: desde setembro de 1900 (ed. Vigo desde 1991)
- FARO DE VIGO Ed. Pontevedra: desde decembro de 1993
- FARO DE VIGO Ed. Arousa: desde 1997
- FARO DE VIGO Ed. Deza/Tabeirós-Terra de Montes: desde 2018
- FARO DE VIGO Ed. Morrazo: desde 2018
- DIARIO DE AROUSA: desde 2001
Localización da prensa e revistas de actualidade en acceso libre: entreplanta-hemeroteca
