Instalacións

Planta baixa

  • Caixón de devolución.
  • Máquina servizo de autopréstamo (devolución).
  • Recepción: nela podes solicitar información xeral sobre a biblioteca.
  • Espazo de actividades e exposicións: zona multiúsos que empregamos para organizar diferentes actividades culturais.
  • Salón de actos: con capacidade para 227 persoas.
  • Zona de descanso: espazo con máquinas expendedoras de comida e bebida onde podes facer unha pausa e zona de merenda infantil.
  • Aseos e aseo adaptado.
Plaanta baixa
Planta baixa

Entreplanta

  • Sala de ordenadores e traballo en grupo.

    O espazo de acceso a Internet/Ofimática dispón de 14 ordenadores de uso público. 

    O espazo de traballo en grupo dispón de 24 postos que poden reservarse a través do formulario de reserva de instalacións

Sala Internet/Ofimática e traballo en grupo
Hemeroteca

Primeiro andar

  • Hemeroteca: aquí podes consultar a prensa do día e a do último mes en acceso directo. Ademáis esta sección dispón dunha selección de revistas de diferentes materias para  lectura en sala ou levar en préstamo a domicilio.
  • Recuncho das familias: é un centro de interese permanente con libros e outros materiais de axuda para a crianza e educación dos pequenos da casa.
  • Bebeteca e Sala infantil: con materiais para nenos e nenas de menores de 14 anos. Esta sala está decorada con murais de Kiko da Silva e conta con acceso público ao Catálogo en liña  (OPAC), servizo de autopréstamo e aseos dotados con cambiador de cueiros.
     

 

Sala infantil
Sala Infantil

Segundo andar

  • Oficina de administración donde se atenden todas as consultas relativas ao carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e as inscricións ás actividades.
  • Mostrador central de préstamo: abre durante todo o día e  atende entre outros os servizos de recollida de reservas e préstamos intrabibliotecarios, préstamo de ordenadores portátiles, lectores de libro electrónico e solicitudes de materiais do depósito.
  • Acceso público ao catálogo en líña (OPAC) e servizo de  autopréstamo.
  • Coleccións: narrativa, poesía, teatro, biografías, ensaio, libros de viaxes, libros de idiomas, xuvenil, banda deseñada, Bibliosaúde, videoxogos, lecturas escolares, videoteca, LGTBIQ+, biblioteca feminista e colección accesible.
  • Información bibliográfica.
  • Consulta fondos acceso restrinxido.
  • Dirección.
Sála de préstamo
Préstamo adultos

Terceiro andar

  • Coleccións: libros informativos de diferentes materias organizados pola Clasificación Decimal Universal (CDU), Fondo Pontevedra, guias turísticas, música e gastronomía.
  • Sala de consulta.
  • Acceso público  ao catálogo en liña (OPAC).
  • Ordenador adaptado para acceso a internet.
  • Oficina Depósito legal e Propiedade Intelectual.
  • Aseos.
     
     
Sala de consulta
Sala de consulta