Club Lecturas Dramatizadas

26 de agosto - 14 de setembro 2026, 9:00 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra

"Club de lecturas dramatizadas" mostra toda a potencialidade que gardan os textos literario-dramáticos. Un libro de teatro contén non só unha obra, un texto ou unha historia, no seu interior tamén esconde un reflexo da sociedade que lle rodea. Pero aínda máis, o texto é a canle que conecta a obra co escenario. Neste club abordaremos posibles escenificacións e aprenderemos como se traballan todos os elementos da posta en escena. Finalizaremos coa interpretación de distintos fragmentos.

"O teatro é a poesía que se levanta do libro e faise humana". F.G. Lorca.

Data e hora: luns do 5 de outubro de 2026 ao 24 de maio de 2027 de 17.30 h. a 19.00 h. (actividade quincenal).

Público destinatario: adulto e xuvenil a partir de 16 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca: a partir do luns 7 de setembro de 2026 ás 09.00

Documentación