01 - 04 de Setembro 2026, 10:30 - 12:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
Durante catro días converterémonos en auténticos autores de cómics. Inventaremos personaxes sorprendentes, aprenderemos os segredos da banda deseñada e experimentaremos con diferentes técnicas de debuxo, expresión, composición de viñetas e creación de bocadillos e onomatopeas. Con moita imaxinación e creatividade, cada participante dará vida ao seu propio cómic, demostrando que as mellores aventuras nacen dunha boa idea.
Data e hora: do 1 ao 4 de setembro de 10:30h a 12:00h
Público destinatario: Infantil de 8 a 12 anos
Inscrición previa na Web da Biblioteca a partir do 20 de agosto ás 09:00h