Os clubs de lectura están compostos por un grupo de persoas estable quer se reúne ao redor dun libro co propósito común de ler, comentar o lido e coñecer xente.
Por regra xeral o prazo de inscrición ábrese a segunda quincena de setembro, pódese anotar ben presencialmente na no mostrador da primeira planta ou chamando ao 988 788386.
Os clubs teñen límite de prazas polo que unha vez cubertas e coas persoas que queden sen praza farase unha lista de agarda.
Grazas á colaboración de persoas voluntarias, dentro do programa de Voluntariado Cultural a Biblioteca acolle a diversos Clubs con temáticas diferentes, estos son:
- Club de lectura de "luz de gas"
Este club, coordinado por Tomás Cid reúnese os martes ás 19.00 h. en sesións quincenias. Comezarán o martes 8 de outubro e reúnense para ler literatura en castelán.
- Club de lectura en galego
A súa coordinadora é Mª Teresa Bugallo e reúnense os mércores ás 18.00 h. tamén en sesións quincenais. Comezaron o mércores 2 de outubro
- Club de lectura en francés
Coordinado por Amalia Moreiras reúnense os martes ás 17.30 h. e as súas sesións son semanais comezarán o 3 de outubro
- Club de lectura de poesía hispanoamericana
Reúnense os mércores ás 18.30 h. con reunións quincenais e comezarán o 9 de outubro. A súa coordinadora é Josefina González García
-Club de lectura "ágora"
Reúnense os venres ás 18.30 h. con reunións quincenais coordinadas por Tomás Cid que comezarán o venres 4 de outubro