Tomando como fonte principal a estupenda monografía de M.ª Victoria Carballo-Calero titulada «La ilustración en la revista "Nós"» , na mostra expóñense reproducións das portadas e ilustracións da senlleira revista ourensá, acompañadas de textos explicativos. Ademais, atoparás dispoñíbeis para consulta todos os números da revista en edición facsímil.