Visitas guiadas escolares

Para coñecer todo o que vos ofrece a biblioteca

As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades formativas, informativas e de ocio, que a biblioteca ofrece ás nenas e nenos.

Realízanse dous mércores ao mes ás 10.30h. As visitas programadas para o primeiro semestre do ano 2024 son as seguintes:

  • 10 e 24 de xaneiro
  • 7 e 21 de febreiro
  • 6 e 20 de marzo
  • 10 e 24 de abril
  • 8 e 22 de maio
  • 5 e 19 de xuño

As visitas consisten nun percorrido guiado polas instalacións, principalmente pola sala infantil. A duración aproximada da visita é de 1 hora.

Requírese a inscrición previa cun mínimo de 24 horas de antelación no mostrador de información do andar baixo ou chamando ao teléfono 881 999 401.

Cada grupo estará formado por un máximo de 30 persoas.