Contos de mouras
25 de Maio, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos a cargo de Sara Cruz

Espectáculo que narra historias das mouras, seres máxicos de Galicia que habitan baixo terra ou baixo a auga. Tres irmáns deberán aprender todo sobre elas para non perderse no camiño e descubrir as pequenas cousas que son verdadeiramente necesarias.

No salón de actos. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.