AXENDA
Elisa no mundo das marabillas
05/06 - 30/06
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Exposición organizada pola Asociación de familias de persoas con parálise cerebral (APAMP)

Exposición do conto Elisa no mundo das marabillas, elaborado integramente polas trinta persoas que conviven no centro residencial da APAMP e publicado pola editorial Galaxia en marzo de 2017. No taller artístico xorde este libro entusiasta e optimista, que se elaborou integramente, desde o deseño das súas ilustracións ata os textos.

Agora, a exposición lévase á biblioteca Ánxel Casal para que Elisa chegue ata a capital galega e sexa coñecida polos nenos e nenas de Santiago. Pode visitarse no vestíbulo ata fin de mes.

A inauguración terá lugar o 5 de xuño ás 18 horas no vestíbulo da biblioteca. Cando remate o acto, proxectarase o vídeo de como se realizou o libro e farase o contacontos Elisa no mundo das marabillas na sala infantil.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala, tanto á inauguración como ao contacontos.