Infantil e xuvenil

A Sala infantil-xuvenil está destinada aos lectores de 0 a 14 anos, situada no semisoto da biblioteca. Dispón dun completo fondo onde atopar información xeral e especializada. Os menores de 6 anos deberán estar acompañados sempre dunha persoa adulta.

A colección divídese en:

  • Libros de narrativa e cómics diferenciados por xéneros e idades.
  • Obras de consulta e referencia.
  • Publicacións periódicas.
  • Audiovisuais (DVDs, CDs, Audiolibros, etc.).

Outros espazos:

  • Bebeteca: espazo reservado para nenos de 0 a 3 anos, onde atoparán coleccións axeitadas ás súas idades. Esta sala oferta un servizo de Internet e xogos interactivos.

  • Zona de exposicións e centros de interese: onde se expón toda a información relacionada coas actividades para nenos programadas na biblioteca e fóra dela.

 

  • Sala de actividades infantís: realízanse actividades de contacontos, teatro, maxia, obradoiros, etc.

Os días non lectivos do curso escolar a Sala infantil-xuvenil abre no horario habitual da biblioteca (de 9 a 20:30 h.).