As nosas coleccións

Colección de préstamo

Situada na planta baixa da biblioteca está formada por todo tipo de materiais bibliográficos (libros, películas, CDs musicais, DVD, etc.), está organizada por materias, os documentos están en libre acceso e dispoñibles para o seu préstamo a domicilio.

 

Documentos de consulta en sala

Na sala de lectura, situada no 1º andar da biblioteca, atópanse as obras de consulta e referencia. Éstas conteñen información puntual de tipo xeral e especializada clasificada por materias, son obras básicas e de consulta rápida.

A meirande parte das obras atópanse nos andeis da propia sala en acceso directo, é dicir, que podemos consultalas directamente.

Estas obras non se prestan, só poden ser consultadas na propia sala, polo que para facer uso destes fondos non é necesario ser socio da biblioteca.

Podemos atopar:

  • Dicionarios e enciclopedias que conteñen información xeral e especializada de todas as materias.
  • Manuais, bibliografías, anuarios, directorios e outras obras de consulta.

Sección Xuvenil

Situada na planta baixa da biblioteca dispón de obras de narrativa para mozos e mozas de entre 12 e 14 anos. 

Sección Infantil 

Sala especializada en nenos e nenas menores de 14 anos situada no semisoto da biblioteca. Dispón dun completo fondo onde atopar información xeral e especializada axeitada as súas necesidades. Conta cunha sección especial adicada a nenos de 0 a 3 anos, a Bebeteca.

A colección divídese en:

  • Obras de consulta e referencia, que só se poden consultar na sala.
  • Obras de préstamo a domicilio.
  • Publicacións periódicas.
  • Audiovisuais (DVDs, CDs, Audiolibros, etc.).

Esta sala ofrece servizo de Internet e xogos interactivos.

Os nenos menores de 6 anos deberán estar sempre acompañados dun adulto.

 

Hemeroteca

Nesta sala, situada no 1º andar da bilioteca, pódese consultar:

  • Prensa
    • Local, rexional e nacional
    • Extranxeira
    • Especializada
  • Revistas
    • Xerais
    • Especializada
    • Temas locais
  • Recursos electrónicos
    • Boletíns oficiais
    • Revistas electrónicas
  • Obras de fondo antigo (anteriores ao ano 1958)
  • Obras de Depósito Legal (D.L.)

 

Audiovisuais

A Sección de Audiovisuais está situada na planta baixa da biblioteca e conta cunha colección de vídeos, DVD e CDs que poden consultarse na propia Biblioteca ou levarse en préstamo a domicilio.
 

Fondo Local (Fondo Vigo)

A colección Fondo Local reúne toda a información que ten a Biblioteca sobre Vigo.

Está formada por libros, revistas, audiovisuais (películas, música, etc.), mapas, libros en braille e todo tipo de materiais, de adultos e infantil.

O Fondo Local procedente do Depósito Legal é de consulta en sala e pódese solicitar en hemeroteca.

A Colección Fondo Vigo (FV) contén algúns exemplares prestables a domicilio .
 

Comicteca

A Comicteca, situada na planta baixa, está formada por cómics de tódolos xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, superheroes, ciencia ficción, etc.) e procedencias. Ten unha presenza especial o cómic galego, aínda que tamén temos coleccións de cómic español, europeo, hispanoamericano, americano e manga xaponés.