A biblioteca

Misión

Ser un centro de acceso ao coñecemento, á información e a cultura desde a perspectiva dun servizo público local, un espazo aberto de convivencia, de comunicación e información, un axente de promoción da lectura, un lugar para a aprendizaxe autodidacta e de apoio aos procesos educativos.

 

Visión

Aspiramos a ser unha biblioteca con procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades dos nosos usuarios e da comunidade a que servimos por medio dun persoal adecuado, cualificado e eficiente, aberto aos cambios e ao traballo en equipo.

 

Obxectivos

  • Poñer en funcionamento un plan para a adecuación de espazos, instalacións e equipos para mellorar os servizos.
  • Potenciar a biblioteca para convertela no centro cultural da comunidade, un lugar de encontro onde se promova a cultura e o lecer.
  • Mellorar o sistema de comunicación interna.
  • Desenvolver un plan de formación de usuarios en novas tecnoloxías.

 

Historia

As orixes están na Biblioteca Popular de Vigo, creada por orde do Ministerio de Educación Nacional en 1942. Instalada na Praza de Compostela, permanecería co nome Biblioteca Pública Jaime Solá ata 1979, ano no que foi trasladada a unha nova sede na Rúa Romil.

Esta segunda etapa supuxo unha importante mellora da biblioteca, con unha ampliación dos seus fondos, máis espazo e un notable incremento no cadro de persoal.

Anos máis tarde o Concello decide mercar o coñecido como Edificio Ferro e emprende as obras de rehabilitación para acomodar a biblioteca. En 1995 queda inaugurada a sede actual e pasa a denominarse Biblioteca Pública Central de Vigo.

O pleno do Concello de Vigo, na sesión do día 28 de outubro de 2013, adoptou o acordo de cambio de denominación pasándose a chamar Biblioteca Pública Juan Compañel

VÍDEOS RELACIONADOS

Visita guiada para escolares entre 8 e 12 anos

ENLACES EXTERNOS