Little Vigo
Little Vigo nace coa idea de axudar a todos os pais e nais , tratando de buscar alternativas para os nosos nenos. Actividades e ocio para os nenos de Vigo.
Plis Plas
Plis Plas é unha guía mensual e de peto para familias con nenos de 0 a 12 anos, co obxectivo é compartir a información dos eventos, espectáculos, actividades e lugares interesantes de Vigo e arredores .
Vigo Peques
É un lugar de encontro para pais e nais que buscan plans de ocio infantil ó menos prezo. Excursións, teatro , música, ... unha selección de actividades infantís e novas de interese da provincia de Pontevedra.
Instituto de estudios vigueses
O Instituto de Estudios Vigueses (IEV) traballa na investigación e divulgación de todo o que ten que ver con Vigo e a súa bisbarra.
Instituto de investigacións mariñas
O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), creouse en 1951 como laboratorio costeiro dependente do Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona, do que se desvincularía en 1978. Nese momento, xa como centro independente, toma o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras, adoptando o seu nome actual en 1986.