Regulamento

Os usuarios deben aceptar as normas de funcionamento da Biblioteca:

  • Gardar silencio nas zonas de lectura e falar baixo nas outras dependencias.
  • Apagar os teléfonos móbiles.
  • Manter o fondo ordenado e depositar os libros nos carros dispostos para iso.
  • Repoñer os materiais extraviados ou danados e velar pola integridade dos fondos da Biblioteca, que son patrimonio de todos.
  • Non sacar da biblioteca ningún documento sen efectuar previamente o préstamo ou solicitar o permiso da dirección.
  • Non introducir bebidas nin comida.
  • Deixar os bolsos de gran tamaño, mochilas e maletas nos armarios que hai na entrada da biblioteca.