GaliciaLe
Plataforma do libro electrónico das biblioteca públicas galegas onde atoparás obras en formato dixital de temáticas diversas nas que os intereses de todas as persoas lectoras teñen o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
Banco de Contidos de Planeta
É o maior banco de contidos dixitais en lingua española. Dirixido tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil, conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai deste recurso un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.
E-junior
É unha enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.
Hemeroteca Dixital Iconoce de Saranet
É un servizo de novas (tanto actuais como retrospectivas) aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía... , blogs e confidenciais. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.
Gale Virtual Reference Library
Permite a consulta de obras de referencia de todas as áreas do coñecemento (historia, ciencia, tecnoloxía, medio ambiente, arte...) en formato electrónico. A diferenza dos libros que contén GaliciaLe, os títulos da Gale Virtual Reference Library non están dispoñibles para o seu préstamo senón para consulta. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.
Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana)
Galiciana ten por obxectivo non só a dixitalización dos fondos patrimoniais máis relevantes de Galicia senón tamén a normalización do acceso mediante a aplicación das últimas directrices internacionais e nacionais. A súa misión, preservar e difundir de xeito virtual o rico patrimonio documental e bibliográfico galego.
Autores Galegos
Ofrece unha completa descrición de autoras e autores galegos e o acceso a textos, audio, e imaxes dalgúns deles.
Biblioteca Virtual da Real Academia Galega
Biblioteca da R.A.G. dedicada a autoras e autores galegos especializada na área das humanidades e, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.
Biblioteca Virtual Galega
Proxecto realizado pola Universidade da Coruña co obxecto de difundir a lingua e literatura galega.
Bivir: Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego
Biblioteca sobre literatura universal en galego impulsada pola Asociación de Tradutores Galegos ( ATG).