COMO PODO?
Solicitar o carné de lector
Carné de lector da Rede de Bibliotecas de Galicia

Pode solicitar o carné de usuario de forma presencial na planta baixa, mediante impreso e aportando unha foto, ou por internet  cubrindo a  solicitude do carné de usuaria ou usuario.  É gratuíto, persoal e intransferible.

Para recollelo é preciso presentar algún documento oficial que acredite a identidade (DNI, carné de conducir, pasaporte, NIE... )

As persoas menores de 14 anos poden solicitar o carné infantil coas mesmas condicións ca os adultos, pero con restricións en canto aos materiais que poden levar. É preciso que unha persoa adulta (pai, titor) se responsabilice por eles. Se xa teñen DNI, deben presentalo. Se non o teñen, fáiselles un carné de lector ata que o teñan, momento no que se lles fará un carné de usuario novo. Ao cumprir os 14 anos faráselles o cambio de carné infantil por un carné de lector adulto.

As entidades tamén poden ter un carné para o préstamo de materiais. Terán que cubrir a Solicitude de carné de entidade. O trámite pode realizarse tamén na biblioteca.

O carné serve para:

  1. levar libros, lectores de libros electrónicos, películas, cds de música, cd-roms, etc. a domicilio. É imprescindible presentalo para levar documentos en préstamo
  2. acceder á páxina personalizada do catálogo onde se poden renovar os préstamos, reservar, suxerir compras, facer comentarios...
  3. consultar a Biblioteca dixital
  4. poder usar na Biblioteca portátiles, cascos...
  5. acceder a GaliciaLe a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas 

Este carné é válido tamén para as Bibliotecas Centrais de Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e as bibliotecas municipais de Ferrol, Oleiros, Laxe, Sanxenxo, Ortigueira e Vigo.

Os usuarios deben comunicar os cambios que se produzan nos seus datos persoais. Os datos renovaranse cada 5 anos nos carnés de adultos e cada 3 anos de nenos.

A tarxeta só se cambiará no caso de deterioro ou perda; se se perde, hai que cubrir unha nova solicitude.