A volta ao mundo conto a conto
02/04 - 02/06
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Exposición no primeiro andar

O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil, conmemorando a data do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de contos tan coñecidos como "O parrulo feo", "A princesa e o chícharo", "O soldadiño de chumbo"...

Na colección da biblioteca contamos cun fondo de reserva de literatura infantil e xuvenil, no que conservamos libros de contos do século XIX e principios do século XX. Con motivo da celebración desta efeméride internacional, a biblioteca pon en valor o seu fondo de reserva creando un mapa mundial no que percorremos a través dos contos, a historia da literatura infantil e xuvenil.

Vídeo da exposición

Mapa interactivo

Primeiro andar.

A exposición poderá visitarse no horario de apertura da biblioteca.