26 de setembro 2026, 12:00
Engadir ao calendario
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A
A cargo de Ana B. Trillo
O cordel é unha das formas máis antigas de narración e entretemento, presente en culturas de todo o mundo.
Nestas deliciosas historias, un simple cordel deslízase entre os dedos e adopta, como por encantamento, as distintas figuras que acompañan a narración. Contos que deleitan.
Anímate a coñecer este ancestral pasatempo, á vez que aprendes inglés. Unha entretida actividade coa que enrolarse a todas as idades.
Día Europeo das Linguas.
Duración: 45 minutos.
Público familiar e infantil a partir de 4 anos
Salón de actos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala