A biblioteca

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés é un centro bibliográfico e documental que dispón de todos os servizos necesarios para dar resposta á demanda cultural e formativa da sociedade. Instalada dende 1995 nun edificio levantado no barrio de Elviña, conta con tres andares e ocupa unha superficie de 6.216 .

As primeiras novas que se conservan da Biblioteca datan do ano 1895 (Libro de Rexistro da Propiedade Intelectual), cando estaba situada no Instituto de Segunda Ensinanza Eusebio da Guarda. En 1956, trasládase á Casa da Cultura da Coruña. 

En 1989, O Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia asinan un convenio para transferir a súa xestión á autonomía.

O 23 de setembro de 1994, modifícase o convenio no que se refire á localización da Biblioteca. A nova sede inaugurase o 18 de abril de 1995 e a biblioteca comeza a denominarse "Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés" (DOG núm. 74, 18 de abril de 1995), en memoria do poeta e historiador, que foi o seu director desde os anos 40 aos 80 do pasado século.

Exterior