A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudio da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego.
A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudio da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego.
O Arquivo do Reino de Galicia é na actualidade un centro de titularidade estatal con xestión transferida á Xunta de Galicia, que recibe, custodia e difunde fondos documentais de ámbito galego e coruñés de natureza pública e privada.
Creado para custodiar a documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, convertida máis tarde en Audiencia Territorial da Coruña, desde finais do século XIX e, sobre todo a partir do século XX recibirá tamén documentación doutras institucións de ámbito territorial galego. Finalmente distintas normas asignaranlle o papel de Arquivo Histórico Provincial da Coruña para os documentos da Administración central periférica, primeiro, e da autonómica despois. Custodia tamén fondos privados e amplas coleccións de fotografía, cartografía e de postais.
A Real Academia Galega de Belas Artes nace no ano 1849, creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensino a prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais. Órgano consultivo da administración e dende o ano 1984, institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ó Instituto de España das Academias.
Grupo pioneiro en Galicia neste tipo de actividades en relación coa sensibilización do patrimonio cultural. As orixes hai que atopalas en 1975, cun grupo animado polo museólogo Felipe-Senén, arredor do Castelo de San Antón como "Colaboradores do Museo Arqueolóxico", coordinando actividades por toda a provincia coa axuda do malogrado investigador e arqueólogo submariño Rafael Mejuto García.
De titularidade municipal, conserva e expón pezas da prehistoria e da historia relacionadas co castelo, coa cidade e con Galicia. Abrangue dende as orixes da civilización en Galicia ata a historia máis moderna da cidade e da provincia; un túnel do tempo por descubrir paseando polas antigas dependencias da fortaleza.
A Torre de Hércules é o único faro romano que desde as súas orixes ata a actualidade cumpriu coa súa función primixenia, a de servir de sinal marítimo e instrumento de navegación para as embarcacións na súa travesía polo corredor atlántico. Cando se construíu, quedaba afastada da cidade romana de Brigantium -que orixinou A Coruña-, pero a distancia foise reducindo ata desaparecer. Na actualidade, a Torre está integrada na Coruña, dentro dun gran parque urbano que ocupa 50 ha.
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, grazas á normativa de Depósito Legal, é depositaria dende 1958 dun exemplar dos materiais impresos na provincia da Coruña.