Comicteca

Comicteca

Situada no segundo andar, a comicteca é o espazo da biblioteca onde o cómic é o gran protagonista. Desde os clásicos do xénero ata  propostas alternativas; desde autores máis significativos ata talentos emerxentes, etc. o seu fondo trata de ser o máis variado posible en canto a escolas, estilos e temáticas, para dar resposta aos gustos e preferencias do maior número de persoas lectoras. Dentro del destaca a importante presenza de cómic galego e coruñés.

A comicteca divídese en varias seccións, atendendo principalmente á orixe da autoría das obras, cada unha das cales se distingue porque os seus cómics levan un adhesivo cunha cor diferente en cada caso:

  • CE (cor amarela): cómic español e hispanoamericano.
  • CG (cor azul): cómic de autoría galega, independentemente do idioma; dentro desta sección agrúpanse por separado os de autoría coruñesa (FL-CG).
  • CU (cor vermella): cómic europeo e asiático, excepto o manga, que ten a súa propia sección.
  • CA (cor verde): cómic americano, dentro da cal se agrupan separadamente os cómics do xénero de superheroes (CA-SUP).
  • CM (cor laranxa): cómic manga ou escola xaponesa.

Ademais, a comicteca conta cun espazo que acolle as novidades dos últimos meses e mostras temporais.