O Depósito Legal é a normativa que obriga a depositar nunha ou máis bibliotecas, exemplares das publicacións editadas nun país e ten como obxectivo a recompilación do patrimonio cultural e intelectual, co fin de garantir a súa conservación e poñelo ao dispor da cidadanía. Deste xeito, asegurará para as xeracións futuras o acceso ao legado cultural con fins de información e investigación.
A colección da biblioteca conserva o fondo documental suxeito a Depósito Legal na provincia da Coruña dende o ano 1958 á actualidade. O acceso a este fondo é restrinxido.
A colección do Depósito legal está localizada nos depósitos e a súa signatura topográfica consta das letras DL e unha letra que identifica o tipo de material (e no seu caso o tamaño), seguidas dun número currens (número correlativo).
A organización é a que figura a continuación:
• DL núm. currens para libros
• DLF núm. currens para folletos
• DLC núm. currens para carteis
• DLS núm. currens para documentos sonoros
• DLV núm. currens para materiais audiovisuais
• DLMM núm. currens para recursos multimedia
• A núm. currens DL para publicacións seriadas abertas
• CE núm. currens DL para publicacións seriadas pechadas
• DLG núm. currens para publicacións de gran tamaño