A Biblioteca conta cunha importante colección de xornais e revistas que ofrece a través do servizo de hemeroteca.
A colección, procedente de tres fontes: compra, doazón e Depósito Legal, inclúe tanto publicacións actuais e en curso como patrimoniais ou históricas, cunha presenza destacada de cabeceiras relacionadas coa cidade da Coruña e a súa provincia. En total, algo máis de 4.500 títulos.
Distribúese entre a Sala denominada Hemeroteca, situada na primeira planta da Biblioteca, onde se expón, en acceso directo e organizada por áreas temáticas, a colección de máis actualidade, destinada ao préstamo a domicilio, e o Depósito, que reúne outras publicacións de préstamo de interese e todas aquelas que son obxecto de conservación, dispoñibles estas últimas só para a Consulta na propia Biblioteca.
SALA DE HEMEROTECA
Distribución da colección impresa:
Prensa:
• Prensa nacional, local e rexional
• Prensa económica
• Prensa deportiva
Revistas
• Información, opinión e debate
• Actualidade: semanarios e suplementos de información xeral
• Moda e tendencias
• Prensa rosa
• Revistas especializadas nas distintas materias: literatura, arte, historia, arquitectura, informática e tecnoloxías, bricolaxe e decoración, labores, cociña, viaxes, deporte, cultura, política e economía, natureza, ciencia, temas locais e rexionais, etc.