A Biblioteca accesible

A biblioteca conta cunha colección dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada.

  • Libros de lectura fácil: libros dirixidos a persoas que teñen dificultades lectoras
    transitorias (inmigrantes recentes, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente, etc.) ou permanentes (trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional, enfermidade senil, etc.)
  • Libros en Letra Grande: presentan un tamaño de letra máis grande do habitual e están dirixidos a persoas con dificultades de visión. 
  • Audiolibros.
  • Libros en formato CD ou DVD: encamiñados a un público amplo: persoas con problemas de visión, maiores, inmigrantes, xente con pouco hábito de lectura, etc.
  • Recursos electrónicos: CD-ROM multimedia con xogos para persoas con algunha discapacidade cognitiva ou psíquica, así como para doenzas como: autismo, afasia, síndrome de Asperger, etc.

A biblioteca organiza actividades nas que poden participar persoas con discapacidade física e intelectual como o Club de lectura fácil e os Contacontos en Lingua de signos.

Contos LSE